Axenda Fundación

División de Honra Xuvenil
C.D. Lugo
Racing X. Club Ferrol
04/02/12 16:00

 Campo O Ceao (herba natural) 
División de Honra Cadete
Alondras
Racing C. Club Ferrol
04/02/12 17:00

 Morrazo (Herba artificial) 
Campionato local Infantil (Grupo 5º)
Racing I. Club Ferrol
Ánimas
04/02/12 11:30

 A Gándara-1 (Herba artificial) 

Nova

DURO TRABALLO PARA OS XUVENÍS

29/07/2010

Foto vencellada

O equipo xuvenil comezou con moita forza o período de pretemporada. As sesións de traballo ás que están sendo sometidos están sendo tan duras como satisfactorias. Onte mércores, o adestramento durou dúas horas e media, nas que os xogadores tiveron que facer fronte a un importante traballo físico e técnico-táctico dirixido polos adestradores. Tras unha primeira parte de traballo físico no campo anexo, sempre con balón polo medio, a metade do plantel traballou co preparador físico Ferchi no ximnasio, mentres que o resto de xogadores quedaron no campo anexo realizando diversos traballos técnico-tácticos baixo as ordes de Juancar, intercambiando despois os grupos para que todos realizasen a mesma carga de traballo. Estase prestando unha importante atención ao traballo de estiramentos para evitar as típicas cambras de pretemporada e para diminuír o risco de lesións. O persoal continuará exercitándose o que resta de semana e só gozará de descanso o domingo tras o encontro que disputará o sábado en Mugardos e que será o primeiro da pretemporada.