Axenda Fundación

División de Honra Xuvenil
Racing X. Club Ferrol
Pontevedra
04/09/10 17:30

 A Gándara-2 (herba natural) 
División de Honra Cadete
Ural
Racing C. Club Ferrol
18/09/10

  

Nova

O XUVENIL DA DIVISIÓN DE HONRA, A ESCEA

27/07/2010

Foto vencellada

O equipo xuvenil comezou, na tarde de onte, a pretemporada de cara ao próximo ano no que, de novo, militará na máxima categoría do fútbol xuvenil Nacional. Tras a habitual presentación levada a cabo polos coordinadores do Club, Humberto Paz e Amancio Campelo, o plantel púxose ás ódenes dos adestradores Juancar e Ferchi para comezar o traballo de pretemporada no campo do anexo da Malata. Logo dun primeiro traballo físico, os técnicos dipusieron 3 equipos para disputar partidillos en campo reducido, finalizando a sesión cos habituais estiramentos. Aínda que o plantel non está pechado, as primeiras sensacións tras a primeira toma de contacto foron moi positivas. Este próximo sábado, ás 19.00 h., no campo da Pedreira, o equipo terá o seu primeiro partido amigable, será ante o Galicia Mugardos de Rexional Preferente.
O plantel desta nova tempada, está formada polos seguintes xogadores:
Dez que continúan do pasado ano: o porteiro Diego, e os xogadores de campo Jesús, Pedro, Adrian, Iván, Dani, Brais, Fran, Marcos e Kiko, cinco que a pasada tempada formaron parte do equipo cadete do Club: o porteiro Rafa e os xogadores de campo, Diego, Nacho, Kevin e Jesús e oito de nova incorporación: o porteiro Brais e os xogadores de campo David Monteseirin, Diego Palacios, Jesus Cañizares, Javier Vispo, Alex Amil, Simón e Daniel López.
A estes hai que sumar dous xogadores que están a proba co equipo, o portugués Fabio Alves e o andaluz Chabi.