Novas
20/11/2011

O Racing Xuvenil segue sen levantar cabeza, ao perder en Torrelavega ante a Ximnástica por 3-0. Un penalti no min. 30 e expulsión de Pedro Garrote, serviu para que o equipo local chegase ao descanso cunha mínima vantaxe. Na segunda parte o Racing, a pesar de estar xogando en inferioridade numérica fixo méritos para marcar, pero dous balóns nos paus e unha ocasión do dianteiro só ante o porteiro despediciada, deron ao traste coas ilusións ferrolás, e a Ximnástica con dous novos goles s[...] Continuar lendo.
20/11/2011

O Racing Infantil logrou un novo triunfo que lle permite liderar a clasificación no Grupo 5º da Liga Local. Nesta ocasión, o equipo de Fernando Gundín derrotou ao Numancia por un claro 6-0.
Racing.- CRISTIAN (CARLOS min. 40), IVI (LEIRA min. 45), MANU V., MIGUI, ALEJANDRO, SANMA, GUILLE (DANI S. min. 45), MOI (ALEIXO min. 45), MIGUEL, MATEO, MANU P. (JACOBO min. 45).
Numancia.- Fernando, Raúl, Nicolás, Pablo, Óscar, José M., Emilio, Carlos, Antón L., Francisco, Carlos. Tamén saí[...] Continuar lendo.
19/11/2011

O Racing Cadete venceu ao Residencia de Lugo por un contundente 5-0, e mantense no grupo de cabeza da clasificáción da Divísión de Honra. Ao descanso xa gañaban os ferroláns por 2-0, e a pesar de quedar en inferioridade desde o min. 52 por expulsión de Jorge Prieto por cartón vermello directa, o Racing marcou 3 goles máis para finalizar mostrando unha superioridade esmagadora sobre o seu rival.
Marcaron os goles, Adrián e Carlos López e Fran Soto, estes en dúas ocasións.
Aliñac[...] Continuar lendo.
18/11/2011

O Racing Xuvenil se desplata a terras cántabras para enfrontarse ao Ximnástica de Torrelavega, o domingo, ás 12.00 horas, no campo de herba artificial de Santillana del Mar. Os pupilos de Míchel son conscientes da complicada situación que pasan, e viaxan conxurados a sacar os 3 puntos ante o Ximnástica, e ceder o faroliño vermello da clasificación a outro equipo.
Para este encontro, Míchel convocou a: DIEGO, ANXO, NOEL TERMI, PEDRO, CORO, BORJA, AMIL, JUANITO, JUAN, SERGIO, ANTONIO, CA[...] Continuar lendo.
18/11/2011

Os xogadores do Racing Cadete, Sergio de Paz e Manuel Mariña, foron sancionados cun partido ao ser expulsados no partido do pasado fin de semana en Coruña. Polo tanto, ambos xogadores perderanse o encontro de mañá sábado, na Gándara, ante o Residencia.
17/11/2011

O vindeiro luns, 21 de novembro, terán lugar os adestramentos das seleccións galegas sub-16 e sub-18. Os sub-16 adestrarán ás 16.30 h., no campo de Rebordelo-Calo, de herba sintética. Para iso, foron convocados tres xogadores do Racing Cadete, SERGIO DE PAZ, IAGO DE SANTIAGO e MANUEL MARIÑA PIÑÓN. Pola súa banda, os sub-18 adestrarán ás 16.30 h., no campo das Cancelas de herba sintética. Para esta sesión foron convocados os xogadores do Racing Xuvenil, DAVID REMESEIRO, SERGIO GONZÁ[...] Continuar lendo.
17/11/2011

O dianteiro do Racing Xuvenil, Eduardo Igrexas González, foi sancionado con dous partidos pola expulsión que sufriu no encontro do pasado domingo ante o Atlético Perinés. O colexiado do encontro ensinoulle o cartón vermello directo no min. 83 por encararse cun contario, xogador que tamén foi sancionado con dous encontros.
14/11/2011

O Racing Xuvenil encaixou unha nova derrota, nesta ocasión ao perder ante o Atlético Perinés por 1-2. Foi un partido no que os ferroláns xogaron ben e mereceron como mínimo o empate, xa que tiveron ocasións para conseguilo. Ademais adiantáronse no marcador no min. 26 grazas ao gol de Gigirey. No entanto, quince minutos máis tarde un grave erro defensivo provocou o empate dos visitantes polo que se chegou ao descanso coa igualada a un gol. Na continuación, concretamente no min. 70 de par[...] Continuar lendo.
13/11/2011

O Racing Infantil derrotou ao Galicia de Caranza por 0-2 nunha nova xornada da liga local co que o conxunto verde mantense nos primeiros postos da clasificación.
Racing: CARLOS, (CRISTIAN min. 40), LEIRA, ÓSCAR. V, (MANU. P min. 45), MIGUI, (MOI min. 45), MANU. V, (MIGUEL min. 45), SANMA, (GUILLE min. 45), JACOBO, DANI. F, DANI. S, MATEO, ALEIXO. Suplentes: Manu. P, Cristian, Guille, Miguel, Moi.
EF Galicia: Miguel (Bruno), Edgar, José, Alejandro, Jorge (Raúl), Luís, César, Brais (Iván)[...] Continuar lendo.
12/11/2011

O Racing Cadete perdeu en Abegondo ante o Deportivo por 2-0 con goles de Julio e Javier Fernández, e cede o primeiro posto da División de Honra ao Deportivo. O Racing traballou duro para conseguir un resultado positivo, pero tivo que renderse ante o potencial do equipo coruñés, que ao descanso xa gañaba por 1-0, e ante o colexiado que aos 60 min. deixou ao Racing en inferioridade por expulsión de Manu por dobre cartolina amarela, por unha falta de entendemento entre colexiado e xogador ao [...] Continuar lendo.









