Axenda Fundación

División de Honra Xuvenil
Racing X. Club Ferrol
Pontevedra
04/09/10 17:30

 A Gándara-2 (herba natural) 
División de Honra Cadete
Ural
Racing C. Club Ferrol
18/09/10

  

Novas

PRIMEIRO PUNTO DA TEMPADA PARA O XUVENIL

04/09/2010

Foto vencellada

O Racing Xuvenil conseguiu o seu primeiro punto da tempada ao empatar a cero goles ante o Pontevedra. O encontro, disputado no campo da Gándara, correspondeu á 1ª xornada da División de Honra. Non houbo goles aínda que si ocasións, sobre todo na 2ª parte, pero o equipo que dirixe Juancar non estivo afortunado de cara á portería rival e tivo que conformarse con sumar un punto na xornada inaugural da tempada.


CONFECCIONADOS OS GRUPOS DO CAMPIONATO DE LIGA LOCAL INFANTIL

03/09/2010

Foto vencellada

Esta tarde, tivo lugar na Delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol, o sorteo do Campionato de Liga Local de Infantís. A competición comezará o próximo día 02 de outubro, e nela participarán 23 equipos de Ferrolterra, divididos en dous grupos. O Campionato xogarase polo sistema de liga, a dobre volta, clasificándose para a fase final os 3 ó 4 primeiros de cada grupo, xogando o resto dos equipos a Copa.
Tanto o Racing Club Ferrol como a Escola de Fútbol Racing "A" quedaron[...] Continuar lendo.


PRIMEIRA CONVOCATORIA DO XUVENIL DA TEMPADA 2010-2011

03/09/2010

Foto vencellada

O Racing Xuvenil afronta mañá sábado, ás 17.30 h, no campo da Gándara-2, a 1ª xornada da tempada 2010-2011 na División de Honra e na que se enfrontará ao Pontevedra. O equipo, dirixido esta tempada por Juancar, presentarase ante a súa aficción con moitas caras novas con respecto á pasada campaña. A primeira novidade está no banco coa presenza de Juancar que substitúe así a Stili. No que se refire a xogadores, nas últimas semanas incorporáronse ao equipo once novos futbolistas, a[...] Continuar lendo.


UNHA SELECCIÓN DE XOGADORES INFANTÍS PARTICIPARÁN NA "VAL MIÑOR´CUP 2010"

02/09/2010

Foto vencellada

Unha selección de xogadores de categoría infantil da Escola e da Fundación do Racing, participarán este fin de semana no "Val Miñor´Cup 2010" que se celebra en Nigrán, en concreto no campo de herba artificial do Complexo Deportivo e Social de Ureca. O equipo do Racing, que accede directamente á Fase Final que se celebra o domingo, quedou encadrado no Grupo "A" xunto ao F.C. Porto, Pontevedra C.F., E.D. Val Miñor Nigrán e o subcampión da Fase Previa.
Os ferroláns disputarán os segu[...] Continuar lendo.


DERRADEIRO AMIGABLE PARA O RACING XUVENIL

31/08/2010

Foto vencellada

O equipo Xuvenil afronta na tarde de hoxe martes o último partido amigable de pretemporada antes do inminente inicio da competición esta mesma semana. Neste caso, o plantel desprázase a Villalba para enfrontarse ao equipo xuvenil do Racing Villalbes que unha tempada máis militará na Liga Galega. A ausencias para o choque de hoxe serán as de David Monteseirín, Marcos Remeseiro e Iván Andrade que seguen en proceso de recuperación das súas respectivas lesións, Dani López e Suso Alvarez [...] Continuar lendo.


EMPATE DO RACING CADETE ANTE O NARÓN XUVENIL

29/08/2010

Foto vencellada

Entretido partido entre o Racing Cadete e o equipo Xuvenil do Narón, que terminou con empate a catro tantos no marcador, tras varias alternativas para ambos equipos. Os técnicos do Racing puxeron en xogo a un total de 21 xogadores, repartindo minutos para que todos eles vaian completando os seus adestramentos coa competición. Aínda que o resultado nestes casos non é tan importante, o equipo tivo que remontar o primeiro gol anotado polo Narón, e non foi ata o segundo tempo cando o Racing an[...] Continuar lendo.


OS CADETES XOGAN HOXE ANTE O NARÓ XUVENIL

28/08/2010

Foto vencellada

O equipo cadete, que continúa coa preparación para afrontar a División de Honra, enfróntase esta tarde ao equipo xuvenil do Narón, no campo artificial do Cadaval, ás 18:00 h. Será o cuarto partido amigable da pretemporada e no que os técnicos Jesús e David, poderán ver por primeira vez en acción a Daniel Rodriguez, máis coñecido como Coro, que xa se atopa recuperado da torcedura de nocello que tivo ao comezo da tempada. Daniel, foi fichado este ano do Cedeira e actúa como defensa c[...] Continuar lendo.


DESCANSO PARA OS XUVENIS E INFANTIS

27/08/2010

Foto vencellada

Este fin de semana os equipos Xuvenil e Infantil, terán descanso tanto o sábado como o domingo ao non ter compromisos amigables de pretemporada. O equipo Infantil, xogará a semana que vén contra o Galicia de Caranza de cara a seguir preparando a competición ligueira. Pola súa banda, o equipo Xuvenil afrontará o martes, día 31 de agosto, o último amigable de pretemporada antes do comezo do campionato ligueiro. Será ante o Villalbés de Liga Galega de Xuvenís. Hoxe venres realizarán o [...] Continuar lendo.


O RACING XUVENIL ENFRÓNTASE AO MONTAÑEROS NUN NOVO AMIGABLE

24/08/2010

Foto vencellada

O xuvenil afronta na tarde de hoxe un novo partido amigable de preparación que, neste caso, será ante o equipo xuvenil B do Montañeros da Coruña. O encontro será no campo de Elviña ás 19:00 h. Continúan como baixas David Monteseirín, que segue en proceso de recuperación da súa rotura nun dedo do pé, Diego Palacios afectado dunhas molestias no seu xeonllo dereito e o meta Diego Bañobre que realizará nos próximos días unha resonancia para determinar o alcance da súa lesión tamén[...] Continuar lendo.


INTENSA FIN DE SEMANA

23/08/2010

Foto vencellada

Desde o pasado mércores ata onte domingo, os tres equipos da Fundación disputaron diversos partidos de pretemporada para completar así todo o traballo de preparación que están realizando. O equipo Infantil enfrontouse ao Portuarios de Liga Galega ao que conseguiu dobregar por 3-1, aínda que o equipo de Nacho tivo que remontar o tanto inicial do rival que se foi ao descanso vencendo por 1-0. No segundo tempo, un gol de Guille e outro dous de Simón deron ao Racing Infantil a vitoria no seu [...] Continuar lendo.