Axenda Fundación

División de Honra Cadete
Victoria
Racing C. Club Ferrol
26/05/12

  
TORNEO AFAFE INFANTIL (GRUPO A)
Racing I. Club Ferrol
Ánimas
19/05/12 11:00

 A Gándara-2 (Herba natural) 

Novas

NOVO ADESTRAMENTO COA SELECCIÓN SUB-14 ZONA NORTE PARA JAVIER SANMARTÍN

16/05/2012

Foto vencellada

O xogador do Racing Infantil, Javier Sanmartín, foi convocado de novo para participar nun adestramento coa Selección Sub-14 Zona Norte, de cara a preparar a Copa Gallaecia 90 "Aniversario A.F. Braga". Devandito adestramento terá lugar o luns, 21 de maio, ás 21.00 h., no campo de Caranza. Ademais, foron convocados xogadores do Portuarios, Galicia Caranza e Eume Deportivo.


GRAN VITORIA DO RACING CADETE ANTE O VAL MIÑOR

14/05/2012

O Racing Cadete derrotou ao Val Miñor por un claro 4-1. Importante vitoria ante un dos mellores equipos da categoría, non en balde o Val Miñor ocupa a 5ª praza na calsificación. En canto ao partido, tras unha primeira parte igualada e que finalizou con empate a cero goles, o Racing pasou a dominar o encontro no segundo tempo. Xaqui, con tres goles, e Sergio de Paz, cun, foron algúns dos protagonistas do triunfo, aínda que todo o equipo fixo un gran traballo.
Racing.- Iago (Carlos Berea m[...] Continuar lendo.


O RACING INFANTIL QUÉDASE AS PORTAS DE XOGAR A FASE DE ASCENSO

13/05/2012

Foto vencellada

O equipo Infantil da Fundación do Racing quedou ás portas de disputar a Fase Final Galega (Fase de Ascenso) ao empatar a un gol ante a S.C.D Portuarios, en partido correspondente á última xornada da liga local. Comezou marcando o Portuarios aos poucos minutos de comezar o encontro pero o equipo de Fernando Gundín logrou o empate antes de chegar ao descanso. Na continuación houbo ocasións para remontar pero, finalmente, o marcador non se movería. O noso equipo finalizou na segunda posici[...] Continuar lendo.


O Cadete recibe á E.D. Val Miñor no campo da Gándara-2

11/05/2012

O Racing Cadete enfróntase á E.D. Val Miñor no campo da Gándara-2, nun partido que todo apunta á igualdade, aínda que a clasificación é favorable ao Val Miñor que figura en 5ª posición con 60 puntos, mentres que o Racing é 8º con 44 puntos.
Por outra banda, no partido de ida gañaron os vigueses por un apertado 3-2, e os ferroláns están ilusionados e buscarán con intensidade o triunfo na Gándara.
Ferchi para este encontro non poderá contar con FRAN SOTO e OMAR por lesión, e [...] Continuar lendo.


OS INFANTÍS SEGUEN SUMANDO DE TRES EN TRES

07/05/2012

Foto vencellada

O Racing Infantil logrou este fin de semana unha nova vitoria. Nesta ocasión derrotaron ao Ánimas por 0-7.
Ánimas.- BORJA, MIGUEL, BRUNO, MARIO, CRISTIAN, ALEJANDRO, JONATÁN, ALEJANDRO P., CRISTOPHER, ÁLVARO e WALTER. Tamén xogaron no transcurso do partido: MANUEL E ADRIÁN.
Racing.- CARLOS, ÓSCAR, (LEIRA min. 62), MANU V., MIGUI, (DANI F. min. 62), ALEJANDRO, SANMA, DIEGO, (DANI S. min. 65), MOI, GUILLE, MATEO, (JACOBO min. 65), MIGUEL.

GOLES: (0-1) min. 51 Sanma, (0-2) min. 55 Sanm[...] Continuar lendo.


O Cadete viaxa a Vigo para enfrontarse a un complicado Areosa

04/05/2012

Foto vencellada

O Racing Cadete desprázase a Vigo para enfrontarse a un difícil C.D.Areosa. O encontro é moi complicado para os ferroláns que figuran en 8ª posición con 43 puntos, mentres que os vigueses son 3ºs. con 68 puntos.
No partido da primeira volta o Areosa gañara no campo da Gándara por 2-4, e o Racing intentará conseguir un resultado positivo no campo vigués.
Para este encontro Ferchi non poderá contar con Fran Soto por lesión e Omar e Manu Brandeiro con permiso por motivos particulares[...] Continuar lendo.


O INFANTIL, JAVIER SANMARTÍN, CONVOCADO DE NOVO PARA A SELECCIÓN SUB-14 ZONA NORTE

04/05/2012

Foto vencellada

O xogador do Racing Infantil, Javier Sanmartín, foi convocado de novo para participar nun adestramento coa Selección Sub-14 Zona Norte, de cara a preparar a Copa Gallaecia 90 "Aniversario A.F. Braga". Devandito adestramento terá lugar o mércores, 9 de maio, ás 19.00 h., no campo de Santa Isabel en Santiago. Ademais, foron convocados xogadores do Portuarios, Galicia Caranza e Eume Deportivo.


OS INFANTÍS SEGUEN CELEBRANDO VITORIAS

02/05/2012

Foto vencellada

O equipo Infantil do Racing logrou onte martes unha nova vitoria ao derrotar a domicilio ao Amistade Meirás por 19-0. Tras esta nova xornada o equipo verde segue na 2ª praza e a 3 puntos do líder.
Racing.- CARLOS, IVI (GUILLE min. 46), LEIRA, ÓSCAR, MANU V. (ALEIXO min. 46), SANMA (MOI min. 46), DIEGO, DANI F. (DANI S. min. 46), MANU P., MATEO (MIGUEL min. 46), JACOBO.
Suplentes: GUILLE, ALEIXO, MOI, DANI S., MIGUEL.
Amistade Meirás.- LUÍS, (ABEL min. 41), ALEJANDRO, DANIEL, CRISTIAN, Z[...] Continuar lendo.


NOVO TRIUNFO DO RACING INFANTIL

29/04/2012

O Racing Infantil logrou unha nova vitoria ao derrotar a domicilio ao Cebarca por un claro 0-8
Cebarca.- J. ANTONIO, CRISTÓBAL, ADRIÁN, WILIAN, MANOLO, DAMIÁN, ABEL, JUAN V., ÁNGEL A., DIEGO, GABRIEL. Tamén xogaron no transcurso do partido: BENIGNO, PABLO, MIGUEL.
Racing.- CARLOS, IVI (MIGUI min. 46), ÓSCAR, ALEIXO, (MANU V., min. 46), ALEJANDRO, SANMA (MATEO min. 46), MANU P., MOI (DANI F. min. 46), GUILLE (MIGUEL min. 46), DIEGO, JACOBO.
GOLES: (0-1) min. 03 Guille, (0-2) min. 10 Dieg[...] Continuar lendo.


Atractivo RACING - CELTA de Cadetes na Gándara - 2

27/04/2012

Foto vencellada

O Racing Cadete recibe ao R.C. Celta de Vigo, nun partido que os xogadores ferroláns afrontan coa ilusión de conseguir derrotar ao líder da División de Honra.
Non será nada fácil para o Racing, tendo en conta que o equipo olívico dispón dun excelente cadro de persoal e figura á fronte da clasificación con 79 puntos, tras gañar 26 partidos, empatar un, e perder tan só 2, mentres que os ferroláns son oitavos con 43 puntos.
En calquera caso, a ilusión e motivación estarán ao lado [...] Continuar lendo.